Saltar navegación

Mixolidio (V)

Estamos diante doutra escala maior, pero neste caso cunha nota descendente: a sétima.

Comezado desde do, vese mellor a diferenza respecto á escala maior:

Como nace a partir da V nota, que é o grao de dominante, chámase o modo de dominante.

Como xa explicamos a armadura do modo de dominante ten unha alteración menos que a da escala maior. (Por exemplo, observa que do mixolidio ten un bemol na armadura).

Esa alteración descendente, que provoca a desaparición da función de dominante, réstalle brillo ao modo sendo unha escala “menos maior” a maior.


O precedente gregoriano

A escala mixolidia correspóndese aos 7º e 8º modos gregorianos denominados Tetrardus.

Importante!

Volvemos insistir que, no canto gregoriano, o que define ao modo non é o contraste coa escala maior (que aínda non era a escala referencia na música) senón o ámbito melódico, os xiros característicos de cada modo, as notas iniciais e as cordas de recitado. Por tanto:

No gregoriano a nota característica non é o que define a un modo

Escoitemos un exemplo:

Puer natus est nobis

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Hoxe en día este son tan especial utilízase para conseguir transmitir o xuvenil, despreocupado, e está asociado co campestre a choiva de verán a inocencia e a felicidade. Úsase a miúdo na música “country” e na música popular irlandesa.

Escoitemos a escala mixolidia:

Sinxelamente é unha escala maior sen sensible.

Exemplos do seu uso

Do mesmo xeito que nos demais modos, podemos atopar cancións e melodías integramente en mixolidio ou aparicións máis fugaces dando soamente un toque de cor lidia usando a nota característica ou fórmulas acordais asociadas a este modo.

Melodías mixolidias

Gymnopèdie nº 2, Erik Satie

Utilizando unha simple harmonía de cuatríades de tónica e dominante Satie  constrúe unha melodía mixolidia moi sinxela e serena.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Sueño con serpientes, Silvio Rodríguez

Neste outro exemplo o cantautor cubano utiliza unha estrutura harmónica máis elaborada I - I - V - VII - IV - I bastante común nas melodías mixolidias

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Prelude nº X, La cathédrale engloutie, C. Debussy

Célebre pasaxe onde Debussy recrea o órgano da catedral da mítica cidade de Ys, cc. 36.40, utilizando eses enormes acordes a dúas mans coas oitavas graves simulando os sons dos pedais do órgano.




Trazos mixolidios

Nocturno Op. 9 nº 1 cc. 52-66, F. Chopin

Sobre un acorde de tónica presenta Chopin unha melodía onde introduce a nota característica mixolidia na segunda voz. Aínda que nun primeiro momento a nosa mente a interpreta como unha dominante da subdominante ese acorde non chega a resolver nunca, creando unha pasaxe mixolidia que persiste na nosa mente aínda cando desaparece esa nota característica 7↓.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Hey Jude, sección final, Lenon -Mcarthney

Toda a peza está no ton de Fa maior e cando chega esta sección introduce unha típica harmonía de dominante e na melodía só aparece a nota característica nun único instante.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Achegamento á harmonía no modo mixolidio

Igual que no modo lidio o acorde máis característico era o II grao, na harmonía de mixolidia será o VII.

  1. O recurso harmónico máis sinxelo e a fórmula VII-I presente en música cubana como o mambo e noutros moitos xéneros e cancións.

Exemplos:



Tequila, The Champs

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Escuela de calor, Radio Futura

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Lupita, Pérez Prado

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

  1. Outra fórmula moi habitual I-VII-IV-I. Neste exemplo, a estrutura harmónica é mixolidia pero a melodía non contén a nota característica.

Sweet Child O' Mine, Guns N' Roses

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Actividade

Exercicio 1. Entoa e logo escribe a túa propia melodía mixolidia sobre estes dous diferentes acompañamentos.

Tonalidade: sol mixolidio; Compás 4/4


Tonalidade: sol mixolidio; Compás: 4/4

 


Exercicio 2. Modifica a seguinte melodía para que soe mixolidio. Entoa a primeira versión e a segunda para sentir a diferenza.

X: 1
T: Transforma esta melodía
M: 6/8
L: 1/8
C: Pablo Abreu
Q: 1/4 = 80
K: E
E2 F G2 B | A2 G A3 | G2 F E2 D | E6 :|
|:B2 c B2 G | A2 B A3 | G2 F E2 D | E5 :|

Exercicio 3. Repite entoando as seguintes melodías e identifica cal é ou cales son mixolidias.

Consello: Antes de nada canta as escalas mixolidias respectivas. Para que sexa máis doado tes indicada a tónica antes de cada fragmento

Tónica Sol Enya; Orinoco Flow
Tónica: La Bernstein; Dance Variation for Fancy Free, Danzón
Tónica: Re Cristopher Young; OST Spiderman 3, Harry in lab
Tónica Sol Mozart; A frauta máxica, Son o cazador de paxaros

Exercicio 4. Proba facer dous acompañamentos diferentes para a melodía mixolidia da 2 pregunta.