Saltar navegación

Mesturando os modos

Como tamén pasa na música tonal o habitual non soe ser que unha peza estea todo o tempo no mesmo modo.

  • Na música tonal chamamos modulación ao cambio de tonalidade que se produce durante a peza. A modulación máis habitual é á tonalidade do 5 grao, a dominante e, en xeral, a esas tonalidades que chamamos veciñas.
  • Na música modal ao cambio de modo que ocorre no transcurso dunha peza denominámolo intercambio modal sempre que manteña a mesma tónica. Se cambia de tónica e modo modulación con intercambio modal e se só cambia a tónica pero permanece o modo sinxelamente modulación.

Un dos primeiros expertos en intercambio modal foi o compositor francés Debussy, pero tamén Béla Bartók, Dmitri Shostakovich e outros moitos compositores e compositoras do século XX usan moito esta ferramenta compositiva.

Nuages, C. Debussy

Por exemplo Debussy no seu tríptico sinfónico Nocturnes, composto por Nuages, Fêtes e Sirènes (nubes, festas e sereas) utiliza dun xeito intricado eses intercambios modais superpoñendo modos en diferentes voces sendo ás veces case imposible descubrilos desde a audición da obra.

Fagamos un pequeno intento seguindolle a pista unicamente ao primeiro tema ao longo da obra.

Polo medio tropezamos con un concepto non tratado ata agora que é a mestura harmónica. (saber máis)

Debussy, Nocturnes, II. Fêtes

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

A análise destas e outras obras (Petrushka, Historia do soldado, etc) supera con moito os obxectivos deste traballo. Soamente subliñaremos algúns casos que topamos nos exemplos que xa utilizamos ata agora.

Intercambios modais

Fagamos recompilación destes exemplos nos que o modo muda dun a outro para comprender mellor este concepto.

Rêverie, C. Debussy, Lidio > Frixio

Cantata campesiña, J. S. Bach,  Eolio > Frixio

Regreso ao Futuro, Alan Silvestri, Mixolidio > Lidio

Eleanor Rigby, Lenon -Mcarthney, Eolio > Dórico


Dancing Days, Led Zeppelin, Lidio > Frixio


Pour le piano, Prèlude., C. Debussy, Maior > Locrio > escala de tons


OST ET. J. Williams, Maior (xónico) > Lidio


 Nocturno Op 9 nº 1. F. Chopin,Mixolidio > Xónico

Hey Jude. Lenon -Mcarthney, Maior (Eolio) > Mixolidio


Desprazamento paralelo de acordes sen función harmónica.

A súa finalidade é tímbrica, como se as notas do acorde foran os rexistros dun órgano.

Actividade "repasemos os modos"

Exercicio 1. Escoita os seguintes fragmentos e identifica o seu modo.

A estratexia para esta actividade é:

  • Comprobar se corresponde a un modo maior ou menor cantando as tres pirmeiras notas da escala maior e menor.
  • Se é maior buscar as notas características 4↑ e 7↓ para identificar o lidio e o mixolidio respectivamente.
  • Se é menor buscar as notas características 6↑, 7↓, 2↓, e 5↓ para identificar os modos dórico, eolio, frixio e locrio respectivamente
1. Caitlin; She moved through the fair tónica re
2. Cristopher Young; OST Spiderman 3, Harry in lab tónica re
3. Deep Purple; Child in Time tónica la
4. Thomas Newman; OST American Beauty tónica do
5. Joe Satriani; War tónica mi♭
6. Bob Dylan; All Along the Watchtower tónica la
7. America; A Horse With No Name tónica mi
8. Rimsky-Korsakov Scheherazade II A lenda do principe Kalendar tónica sol
9. Gabriel Fauré; Lydia tónica sol
10. Bruckner- Os Justi Meditabitur tónica fa
11. G. Holst- Os plantes, 4. Xupiter tónica sol
12. Mecano- Maquíllaje tónica si
13. Leonard Bernstein; West Side Story, Maria tónica mi
14. Camille Saint-Saëns; O carnaval dos animais. Aquarium tónica la
15. Sade- The sweetest taboo tónica si