Saltar navegación

2.2 Os círculos de quintas e cuartas

Introdución

A progresión harmónica ou secuencia é a transposición dun modelo de dous o mais acordes a distintas alturas. Os círculos de quintas e cuartas son un tipo concreto de secuencia nos que os acordes que as integran están relacionados por intervalos de 5ª ou 4ª.

No círculo de quintas, as fundamentais de cada acorde relaciónanse entre si igual que o fai a cadencia auténtica perfecta (V-I), por intervalos de 5ª xusta descendente (ou 4ª xusta ascendente).

E no círculo de cuartas, estas notas se relacionan igual que a cadencia plagal (IV-I), por intervalos de 4ª xusta descendente (ou 5ª xusta ascendente).

Como podemos ver nas ilustracións, é habitual que en este tipo de progresións algunha das quintas sexa diminuída ou algunha das cuartas sexa aumentada.

Cifrado

Representaremos este tipo de progresións harmónicas por medio de dous círculos coas notas fundamentais dos acordes e unha frecha circular. O círculo que vai no sentido das agullas do reloxo é o de quintas, e o que vai no sentido contrario ás agullas do reloxo é o de cuartas.

Os acordes empregados nunha progresión sométense ás súas propias regras harmónicas, perdendo a súa funcionalidade. Por este motivo non cifraremos con números romanos os acordes que están no medio destas progresións. Os únicos que poderíamos cifrar son o primeiro e o último, xa que estes se relacionan con outros que están fora do círculo.

Imaxe_ode05_1. Domenico Scarlatti. Sonata K1 L366 en re menor, cc. 1-8

Actividade 1

Reproduce o seguinte vídeo e canta as notas fundamentais que forman un círculo de quintas.

No seguinte exemplo atopamos un círculo de cuartas. Este tipo de progresión é menos habitual no período dos séculos XVIII e XIX, xa que os acordes que a integran forman enlaces de tipo plagal (IV-I), menos habituais no período da tonalidade.

Imaxe_ode05_1b. Domenico Scarlatti. Sonata K479 en Re maior, cc. 38-42

Identificación auditiva

Dado que os círculos de quintas son, na meirande parte dos casos, modelos melódicos  que descenden por intervalo de 2ª, e os círculos de cuartas, que o fan por intervalo de 2ª, podemos fixarnos no comportamento melódico da voz superior para identificar auditivamente  este tipo de progresións.

Actividade 2

Actividade 02. Escoita de novo o exemplos anteriores, prestando atención desta vez á transposicións descendentes e ascendentes do modelo melódico.       

Existen, pola contra, outros casos de círculos de quintas, nos que non se producen progresións melódicas. A ausencia de transposicións melódicas fai que o recoñecemento auditivo de estas secuencias harmónicas sexa máis complexa.

Imaxe_ode05_2c. F. Chopin. Nocturno op. 48 nº 1, cc. 17-22

Evolución histórica do círculo de quintas

Unha práctica habitual nos círculos de quintas durante o Barroco e Clasicismo é a de incorporar, de xeito alternado, acordes de dominante dentro da progresión.

Imaxe_ode05_3. Arcangelo Corelli. Sonata para violín y continuo op.5 nº 1: 3er movemento, cc. 31-40

Xa no Romanticismo, os compositores encadean varios acordes de dominante de maneira sucesiva, xerando unha maior cantidade de tensión harmónica que nos círculos de quintas do Clasicismo.

Imaxe_ode05_4. Giuseppe Verdi. Misa de Requiem: Libera me, cc. 160-166 , parte de soprano y orquesta

Se observamos con atención a condución de voces nesta progresión, descubrimos o movemento paralelo dun tritón que descende por segundas menores.

Actividade 3

Toca no piano a redución a dos voces da imaxe e presta atención ao paralelismo de tritóns dos cc. 2-3.