Saltar navegación

2.1 Os movementos harmónicos

Introdución

Na música escrita a máis dunha voz debemos considerar a relación harmónica que se produce entre os movementos melódicos das diferentes liñas melódicas. Esta relación denomínase movemento harmónico.

Tipos

Diferéncianse catro clases de movementos harmónicos:

1) Directo: Cando dúas voces se moven na mesma dirección, ascendente ou descendente. Unha das voces realiza sempre un intervalo máis amplo que a outra, coma se pode ver nos seguintes gráficos, resultantes de reducir o perfil melódico de cada voz a liñas melódicas.

2) Contrario: Cando se moven en sentido contrario, é dicir, unha ascende e outra descende. Pode abrir ou pechar o intervalo harmónico.

Imaxe_odeX_2

Tamén pode ocorrer que un dos intervalos sexa maior que o outro, producíndose as seguintes combinacións no movemento contrario:

3) Oblicuo: Unha das voces queda inmóbil (con e sen ligadura) e a outra realiza un movemento ascendente ou descendente.

4) Paralelo: As dúas voces se moven na mesma dirección e co mesmo intervalo.

A ausencia de movemento harmónico, e dicir, os sons mantidos representarémolos mediante dúas liñas horizontais en paralelo.

Actividade

Actividade_odeX_1. Escoita os movementos harmónicos (oblicuo, directo, paralelo contrario) co seu gráfico. As liñas inclinadas representan as direccións ascendentes e descendentes, mentres que as rectas corresponden cos sons que se manteñen. Canta maior inclinación da liña, maior é o seu intervalo melódico.



Actividade_odeX_1b (Ardora). Asocia os movementos contrarios cos debuxos da imaxe odeX_2b






Actividade 2. Escoita a seguinte estrutura a dúas voces. A melodía superior do violín repítese catros veces. Debido á melodía inferior da frauta, o movemento harmónico entre os dous instrumentos é distinto para cada vez.

Actividade 2b. Agora imos mesturar os debuxos de liñas co cifrado funcional de cores. De este xeito combinamos nun mesmo gráfico os movementos e funcionalidade harmónica.

A condución melódica na 6ª e 4ª de floreo

A harmonización a 4 voces da 6ª e 4ª de floreo produce unha combinación de 3 floreos e unha nota que se mantén común.

  • Para os acordes en estado fundamental, o floreo do baixo soe ser ascendente e dúas voces superiores fan dous floreos en dirección contraria ó baixo. Se poden producir 3 combinacións posibles:

  • Para os acordes en primeira inversión, o floreo do baixo soe ser descendente e dúas voces superiores fan dous floreos: un contrario ó do baixo e outro na mesma dirección que el. Neste caso hai catro combinacións posibles:

Actividade. Escoita o seguinte fragmento cos tipos c’ e b para cuarteto de vento-madeira (frauta, óboe, clarinete e fagot) e fíxate no o movemento harmónico producido por unha 6ª e 4ª de floreo. O audio comeza coas 4 voces por separado, dende a aguda á máis grave.

A condución melódica na 6ª e 4ª de pedal

A harmonización a 4 voces da 6ª e 4ª de pedal produce unha combinación de dous floreos ascendentes e dúas notas que se manteñen comúns.

Partitura 1

Pódense producir 3 combinacións posibles:

¿Que dous debuxos corresponden coas conducións harmónicas da partitura 1?

Solución:

A condución melódica na 6ª e 4ª de paso

A harmonización da 6ª e 4ª de paso produce unha condución das 4 voces moi característica.

  • A 4ª se mantén común aos tres acordes,
  • Unha das voces superiores realiza un movemento contrario ao baixo baseado na súa retrogradación,
  • Mentres que a voz restante realiza un floreo descendente.

Os seguintes gráficos mostran as posibilidades de condución das 4 voces cando se usa un acorde de 6ª e 4ª de paso que ascende.

Se intercambiamos os movementos ascendentes cos descendentes, obtemos as combinacións da 6ª e 4ª de paso que descende.

¿Que dous debuxos corresponden co fragmento coral anterior?

Solución

c) e c')

a e b.

Actividade

Actividade_odeX_3 (Ardora). Escoita os audios de cada debuxo e identifica as 4 liñas melódicas correspondentes a cada voz do piano.

Actividade_ode0X_4 (Ardora). ¿Que debuxo corresponde con cada un dos audios?

Partitura_odeX_7.pdf

Partitura_odeX_8.pdf

Conducción melódica  en espello

Se enlazamos os acordes do exemplo a) cos do b), ou ao revés, estaremos formando unha estrutura harmónica en espello de 5 acordes. Neste tipo de estruturas a sucesión harmónica léese igual de esquerda a dereita que de dereita a esquerda. Ademais, o acorde central da estrutura actúa como un eixo de simetría, a partir do que, o debuxo melódico de cada unha das voces fórmase mediante o reflexo da primeira metade do espello. Os seguintes gráficos mostran as posibilidades de combinación na condución de 4 voces que empregan esta escritura en espello.

Se invertemos as liñas melódicas que forman un ascenso seguido de descenso, e viceversa, resultan os seguintes debuxos:

O seguinte coral está harmonizado utilizando este principio. As liñas descontinuas sinalan os distintos eixos de simetría e os rectángulos os distintos grupo de 5 acordes que forman un espello harmónico.

¿Que tres debuxos corresponden cos cinco primeiros compases do coral?

Solución

a, c’ y d’

Actividade

Actividade_odeX_5. ( Ardora). ¿Que debuxo corresponde con cada un dos audios?

Solución