Saltar navegación

Escalas simétricas

Chamamos escalas simétrica a aquelas que teñen patróns de tons e/ou semitóns regulares e repetitivos, e que coinciden ascendente e descendentemente.

Por exemplo:

  • Entre cada nota da escala só hai tons
  • Entre cada nota da escala só hai semitóns.
  • Entre as notas da escala altérnanse consecutivamente ton e semitón.

Estas escalas propician situacións harmónicas especiais, relacionadas en moitos casos coa perda do sentido tonal.

Esta indefinición tonal provoca que estas escalas teñan grafías diversas en función da harmonía que as acompañe. Temos que desenvolver a habilidade de recoñecer estruturas resolvendo as enharmonías que podamos topar.

Actividade. Resolve as enharmonías

  1. A que  tipos de tríades soan as seguintes agrupacións (Maior, menor, Aumentada ou diminuída):

    Solucións
  2. A que tipo de tetracordo corresponden cada unha destas series de notas (maior ou menor)

    Solucións

Diminuída, Maior, Aumentada menor, diminuída

Maior, menor, Maior, menor