Saltar navegación

1.3 Os acordes de sétima (7ª)

Introdución: Definición e tipos

Os acordes de sétima ou cuatríades son aqueles que se forman engadindo unha terceira a unha tríade. Chámanse acordes de sétima porque esta terceira forma un intervalo de 7ª con respecto á fundamental. Este intervalo de 7ª é unha disonancia e, polo tanto, todos os acordes de sétima son disonantes, en maior o menor grao. Pola contra, consideraremos aos acordes sen sétima, e dicir, as tríades, como consonantes.

Actividade

Actividade_ode03_0. Escoita os seguintes acordes. Logo tócaos ao piano e describe cales son disonantes (con sétima) e cales consonantes (tríades).

Solución

Solución

Actividade ODE_3_1. Escoita a transformación harmónica dos corais. Desta vez, ¿que acordes son disonantes (acordes con sétima) e cales consonantes (tríades)?

Solución vídeo 03_0xa

Consonantes 1,2, 4, 6, 8 e 12.
                                                                                                  Disonantes: 3, 5, 7, 9, 10 e 11.

Solución vídeo 03_0xb

Consonantes 1, 4, 5, 7, 8, 9, 11, 13 e 15.
                                                                                                    Disonantes: 2, 3, 6, 10, 12 e 14.

Consonantes o 1 e o 12. Disonantes o resto.

Tríades o 1, 4,  y 15. Acordes con sétima o resto.

Tipos de acordes de sétima

A sonoridade de cada acorde de sétima dependerá dos intervalos harmónicos que o integran, producíndose normalmente na música tonal da práctica común cinco tipos. Estas categorías se orixinan pola combinación de tríades e sétimas maiores menores e diminuídas. En negriña mostramos a terminoloxía empregada para cada tipo de sétima.

  1. Tríade maior + sétima maior - Sétima maior
  2. Tríade maior + sétima menor - Sétima de dominante
  3. Tríade menor + sétima menor - Sétima menor
  4. Tríade diminuída + sétima menor - Sétima semidiminuída
  5. Tríade diminuída + sétima disminuída - Sétima diminuída.

Actividade

Escoita de novo os dous fragmentos anteriores e relaciona cada un dos graos con sétima cos tipos de cuatríades a, b, c, d y e. Estes están ordenados de esquerda a dereita no centro da imaxe.

Como podemos observar na seguinte imaxe, os acordes con sétima que sempre teñen función de dominante (cor vermella) quedan reducidos a dous: o acorde maior con sétima menor (M + 7ª m) e o acorde diminuído con sétima diminuída (dim +7ª dim). No modo maior o acorde diminuído con sétima menor (dim + 7ª m) pode funcionar como dominante en forma de VII grao.

E os acordes de sétima que poden funcionar como subdominante (cor verde) son 3: o acorde maior ca sétima maior (M + 7ª M), o acorde menor con sétima menor (m + 7ª m) e o diminuído coa sétima menor (dim. + 7ª m) cando ten forma de II grao do modo menor.

A sétima sobre o primeiro grao

O engadir unha sétima á tríade de I grao, temos que diferenciar entre a maior e a menor, xa que a natureza harmónica do acorde resultante varía en función do modo que escollamos. No maior a única posibilidade é a 7ª maior (acorde a), xa que a 7ª menor daría como resultado un acorde con natureza de dominante (acorde b). Sen embargo no modo menor se poderían construir unha sétima maior ou unha menor sobre o I grado (acordes c y d).

Durante todo o Barroo, Clasicismo e Romanticismo cando se engade unha 7ª ao I grao, esta sempre é menor e se fai coa finalidade de converter este acorde nunha dominante, perdendo así a súa función orixinal de tónica.

Realmente o emprego da sétima de I grao na música tonal dos séculos XVIII e XIX se reduce ao contexto de notas estranas. Un caso moi habitual é como apoiatura ou retardo da sensible na cadencia auténtica perfecta.

J. S. Bach. A Paixón  segundo  San Mateo BWV 244: Coro “Wir setzen uns mit Tränen nieder”, cc. 125-128

A tónica con 7ª como unha entidade harmónica independente é característica do nacionalismo español, do neoclasicismo e do jazz, e adoita presentarse en forma de 7ª maior. Dentro de estes estilos o acorde de tónica con sétima conserva intacta a súa función tonal, empregándose moitas veces do mesmo xeito que a tríade de tónica na cadencia auténtica perfecta tradicional, e dicir, como unha consonancia que non precisa de resolución.

Isaac Albéniz. Iberia: O porto, cc. 179-187

A disonancia dos acordes de sétima

Se construimíos os 5 tipos de sétimas máis frecuentes da práctica común sobre a nota do, prodúcense os seguintes acordes.

Actividade

Escoita atentamente as cinco sonoridades de acordes de sétima. Imita cantando a modo de eco a melodía arpexiada inicial de cada un dos tipos.

Tipo de acordes de sétima



A clasificación dos acordes de sétima en relación ao seu grao de disonancia é un tema controvertido que depende do contexto musical. Na harmonía tradicional existe unanimidade ao considerar que un acorde con sétima maior é máis disonante que un con sétima menor (a máis disonante que b, c ou d ). Isto débese a que as dúas notas que disonan nun acorde con sétima maior (do e si) xeran unha serie de harmónicos máis complexa que en un con sétima menor (do e si ♭).

Sen embargo, para o acorde de sétima diminuída (acorde e) existen varias opinións contraditorias ao respecto. O teórico J. Zamacois clasifica este acorde como a disonancia máis suave posible[1], mentres que para outros autores como Steven Laitz  implica a disonancia máxima.

Desde un punto de vista funcional, e  entendendo que a sétima diminuída é un acorde de dominante que contén dous intervalos con necesidade de resolución (os tritóns sol♯ -re e si-fa), entendemos que o acorde e unha harmonía moi inestable, e polo tanto considerámolo extremadamente disonante.  Tendo en conta isto, poderiamos clasificar os acordes da Imaxe_ode03_1 da seguinte forma, de menos a mais disonantes.

c   < d   < b <   a < e

Na seguinte imaxe, as distintas gradacións da cor amarela, representan o grao de disonancia de acordo con esta clasificación.

Segundo a clasificación que fai Zamacois dos acordes de sétima serían 7ª de 4ª especie o a, de 1ª especie o b, de 2ª especie o c, de 3ª especie o d e de 7ª especie o e. (Véxase o epígrafe 3 do libro II do seu Tratado de Armonía).

Actividade

Actividade_ode03_1. Identifica os seguintes acordes de sétima: de dominante, diminuída, menor, maior ou semidiminuída.






Actividade_ode03_2. Vas a escoitar unha secuencia de varios acordes de sétima. Todos os acordes son do mesmo tipo menos un. ¿Cal é distinto? ¿De que tipo son os acordes iguais e o diferente?

Solucións




As sétimas como notas de paso

As sétimas teñen carácter de nota de paso cando se produce un descenso melódico que une a fundamental do acorde coa nota que está unha terceira por debaixo de ela. Este uso ornamental é moi habitual no acorde de sétima de dominante durante o Barroco.

Como se pode comprobar no seguinte exemplo, este tipo de sétimas se producen sempre na parte débil do compás.

Sétimas como notas de paso
Sétimas como notas de paso

As sétimas como nota de paso se da con moita frecuencia nos baixos continuos descendentes do Barroco.

Actividade

Actividade_ode03_5. Escoita o baixo continuo da seguinte peza de J. S. Bach e identifica donde se producen os acordes de sétima como notas de paso. Fíxate nas notas en parte débil que formen descensos de terceira.

J. S. Bach. Suite para orquestra en Re maior nº 3 BWV 1068, cc. 1-6 (versión con instrumentos orixinais)

https://www.youtube.com/watch?v=pzlw6fUux4o

Solución