Saltar navegación

3.3 A escala cromática

Que é a escala cromática?

A escala cromática é a que consta dos doce sons do sistema musical occidental. Correspóndese coas notas brancas e negras do piano.

X:2
L:1/1
M:
K:C
C ^C D ^D E F ^F G ^G A ^A B C' |]

No sistema de afinación dos instrumentos como piano, órgano, guitarra, vento madeira.., (que xeralmente é o temperamento igual ou sinxelamente, afinación temperada), uilítzase a mesma tecla ou posición, e polo tanto o mesmo son, para as notas enharmónicas (p. e.: do♯ e re♭).

Para escribir unha escala cromática, ou calquera das simétricas, desde o punto de vista sonoro, é indiferente utilizar díeses, bemois ou unha combinación calquera dos dous tipos de accidentais.

X:2
L:1/1
M:
K:C
C ^C D _E =E F _G =G ^G A _B =B C' |]

...

Non en tanto desde o punto de vista sintáctico (a función de cada nota e acorde dentro do conxunto) cada alteración está supeditada aÁ tonalidade do fragmento musicaAos acordes que acompañan a esta escala.

  • Á tonalidade do fragmento musical.
  • Aos acordes que acompañan a esta escala.
  • Á dirección da escala ascendente ou descendente.
  • A facilidade de lectura, evitando alteracións dobres ou mantendo sempre o mesmo criterio.

A entoación

Ao utilizar sempre o mesmo intervalo a nosa mente musical acaba perdendo as referencias tonais e custa aprender a entoala dun xeito claro e afinado.

Dous trucos para aprender entoala:

  1. Tomar a primeira nota de referencia e ir cantando os intervalos. Exemplo
    X:2
    L:1/1
    M:
    K:C
    C ^C =C D C _E C =E C F C ^F C =G C ^G C A C _B C =B C C' |]

    ...

  2. Entoar por fragmentos tomando a escala maior de referencia. O primeiro fragmento da primeira nota (do) ata a terceira (mi). Segundo fragmento da terceira nota (mi) á quinta (sol). Terceiro fragmento da quinta nota (sol) ata a oitava (do).

Actividade

Actividade 1. Práctica, seguindo as indicacións anteriores, a escala cromática tanto coa voz como co teu instrumento.

Un pouco de historia

Na teoría da música grega antiga, as escalas completas construíanse combinando tetracordos máis pequenos: escalas de 4 notas que abarcaban un intervalo de cuarta xusta

Mientres que as dúas notas externas tiñan que estar separadas por unha cuarta, as dúas restantes podían moverse. 

Os tetracordos clasificáronse en tres xéneros, dependendo dos intervalos que estaban constituídos. Os xéneros cromático e enharmónico teñen unha orixe oriental. Son:

  • diatónico entre os seus sons teñen un ton, un ton e un semitón.
  • cromático entre os seus sons teñen unha terceira maior un semitón e un semitón.
  • enharmónico, entre os seus sóns teñen unha terceira maior, un cuarto de ton, e outro cuarto de ton.

Croma (χρώμ-α/-ματος) en grego significaba cor. Ao xénero cromático atribuíase coma analoxía visual un gran colorido en comparanza ao xénero diatónico.

Diatonismo fronte a cromatismo

O diatonismo é o tipo de escritura que utiliza os sons propios dunha tonalidade, contraposto ao cromatismo, que introduce sons alleos. O sistema tonal baséase de feito na escala diatónica, composta por cinco tons e dous semitóns, cuxa sucesión organízase de acordo cos modos maior e menor, escalas maior e menor.

O cromatismo, pola contra, consiste no uso frecuente de sons alleos á escala diatónica dentro de contextos harmónicos con centros tonais cambiantes ou difusos.

Aínda que habitualmente se sitúa a utilización masiva do cromatismo durante o século XIX, especialmente en Wagner, temos moitos exemplos do seu uso xa desde etapas anteriores (Idade Media, Renacemento, Barroco, Clasicismo). Aínda que foi Wagner quen sentou as bases da demolición do sistema tonal, conducindo á superación das estruturas xerárquicas implícitas nel e a unha paridade entre as doce notas da escala cromática (paridade postulada posteriormente dun xeito absoluto polo dodecafonismo).

Xa na segunda metade do século XVI, nos madrigais de Willaert, de Cipriano de Rore ou de Gesualdo. O seu uso entre finais do século XVI e principios do XVII é particularmente rico e libre, non topándose aínda ligado a un contexto tonal definido. Ao precisarse a tonalidade, asistiuse a un período de gran diminución no uso do cromatismo, ata que chegou a súa revalorización romántica.

Dos primeiros exemplos do cromatismo na nosa cultura occidental foron os topados na obra dos autores da escola Ars subtilior vencellada á cidade de Aviñón e presente no códice de Chantilly do século XIV. Esta escola posterior ao Ars Nova posúe obras moi refinadas, complexas, difíciles de cantar e probablemente creadas, cantadas e gozadas por un público reducido de especialistas e iniciados.

Escoitemos o aínda hoxe estrano exemplo do compositor Solage  Fumeux fume par fumée, posiblemente a unha sociedade de fumadores parisinos, literatos excéntricos, non sabemos se de algunha droga ou sinxelamente dun xeito metafórico, dos fumes internos.

Carlo Gesualdo príncipe de Venosa, compositor renacentista de madrigais, representa un dos cumios no uso do cromatismo no período do establecemento da tonalidade. A súa obra, recuperada no século XX soa totalmente moderna e vangardistas debido ás bruscas modulacións que xorden dos seus cromatismos.

O noso seguinte chanzo nos exemplos do cromatismo ten que ser a obra de Bach, chea de exemplos (O clave ben temperado en tódalas tonalidades, A ofrenda musical, A fantasía cromática,...).

Foron moitos os compositores e directores de orquestra que prestaron atención ás obras de Bach no século XX e intentaron ofrecer unha renovación da súa lectura tímbrica a través das posibilidades sinfónicas. Quizás o máis destacado de todos, aínda só sexa polo  volume de traballo realizado neste sentido, sexa Leopold Stokowsky, cun total de 37 transcricións orquestrais de obras compuotas para órgano. Amplían esta lista: Sergei Rachmaninoff, Edward Elgar, Alexander Siloti, Arnold Schoenberg, Igor Stravinsky, Luciano Berio, etc., que traballaron para diferentes formacións de moi variada configuración tímbrica.

Como exemplo escollemos o Ricercare a seis voces, orquestrado por Anton Webern en 1935. É unha fuga tonal de organización libre e chea de fantasía, que posúe  elementos comúns a calquera fuga e outros totalmente orixinais. Probablemente a obra de maior complexidade de todo o libro de contrapuntos, Bach quixo que fora unha peza mestra en tódolos seus aspectos e representa o cumio expresivo e técnico do estila da última época de Bach.

Bach e o tema da Ofrenda musical

Este magnífico ricercare composto a partir do tema proposto, segundo contan as crónicas, por Federico de Prusia representa unha obra altamente cromática e moi moderna. Tanto foi así que no século XX recuperan a obra cun novo enfoque tímbrico nesta magnífica instrumentación do compositor da segunda escola de Viena Anton Webern.

Bartók. Cuarteto nº 4: II Prestissimo, con sordino

Béla Bartók compuxo o seu Cuarteto nº 4 en verán de 1928. O segundo movemento Prestísimo con sordino desenvólvese, como o seu nome indica, velado pola sordina:

Por efecto da sordina percibimos a paisaxe sonora como “envolta nunha néboa espesa que nos impide velo que pasa adiante. Os instrumentos corren sen saber moi ben cara onde, síntense ameazados sen saber quen os persegue… Todo se volve pantasmal e difuso”.

Esta fuxida  en forma de escala cromática ascendente e descendente, que continúa ao longo do  movemento parece “un fume fugaz que se desfai no aire”, un son impreciso que aumenta a súa  indefinición por efecto da sordina.

A escala cromática na música diatónica

Aínda dentro da música máis diatónica e con poucas modulacións a escala cromática aparece moitas veces como efectos expresivos: colorido, fantasía e virtuosismo.

A necesidade por tanto da práctica desta escala fai que numerosos estudos para os diferentes instrumentos (obras pensadas para a práctica das diferentes dificultades técnicas dun instrumento) e estudos de concerto teñan como tema principal a práctica da escala cromática.

Chopin: Preludio nº 8 Fa♯, Maior, Op. 8

Julius Fučík Vjezd gladiátorů Entrada dos gladiadores.

Orixinariamente titulábase Gran Marcha Cromática

X:1
T:Vjezd gladiátorů
C:Julius Fučík
L:1/8
Q:1/4=140
M:2/2
K:F
!f! !>!A6 AA | !>!A6 (AA | A_AG^F =FE_ED | _DC=B,_B, A,) z z2 | !>!=B6 BB | !>!=B6 BB | 
(=B_BA^G =G^F=FE | ^D=D^C=C =B,) z z2 | c6 cc | c6 cc |!mf! (C^CD^D EF^FG | 
!<(! ^GAB=B c^cde)!<)! |!ff! .f2 .e2 _e_fed | _d2 c2 (!>!=B2 c2) | .d2 ._d2 cdc_c | 
B2 A2 (!>!_A2 =A2) | c z BB (!>!^F2 G2) | c z BB (!>!^F2 G2) |  (EF^FG ^GAB=B | 
c^cde)  (d2 =c2) |] 

...

Algúns dos procedementos que levan a aparición da escala cromática

  • A serie de sétimas de dominante
  • A serie de acordes de sétima diminuída
  • Os arabescos ascendentes e descendentes

Actividade

Actividade 2. Xustifica por que temos estes diferentes xeitos de escribir a escala cromática:

  • Facilidade de lectura.
  • Alteracións pertencentes a tonalidades próximas.
  • Xustificación pola harmonía utilizada.
  • Para evitar a aparición de dobres alteracións.

Resposta