Saltar navegación

A cadencia plagal

Introdución

A cadencia plagal é aquela constituída polo enlace entre un acorde sen función de dominante e a tónica, e que na meirande parte das veces é o IV grao.

Outro dos aspectos que cabe resaltar das cadencias de tipo plagal é a súa funcionalidade. Excepto nun caso particular, no que o acorde de dominante en inversión pode actuar de xeito plagal (afondaremos máis adiante nesta cuestión), a meirande parte dos acordes que se enlazan co acorde de I grao para formar cadencias plagais, pertencen á función de subdominante. Polo tanto representaremos esta cadencia coa sucesión de cores verde seguida de azul.

Considerando que os dous acordes que integran a cadencia plagal soen estar en estado fundamental, o baixo (a voz máis grave do conxunto) describe o xiro melódico 4-1. Precisamente esta melodía do baixo é un dos elementos máis característicos deste tipo de cadencias, incluíndo case todos os subtipos, polo que unha boa estratexia para a escoita harmónica de finais plagais é o recoñecemento auditivo deste anaco de melodía.

4-1

Características de estilo

Igual que sucede ca cadencia auténtica, o uso da cadencia plagal o longo da historia vai mudando duns compositores a outros, establecéndose unha serie de características fixas que se repiten en cada un dos estilos da música tonal. É o que se coñece como características de estilo.

A cadencia plagal no Barroco e Clasicismo

O habitual durante o Barroco e o Clasicismo é o enlace entre o acorde de IV grao e a tónica, ou entre a primeira inversión do segundo grao que no Barroco era entendido como subdominante con sexta.

Na finalización dos himnos protestantes se canta ca palabra amén despois dunha cadencia auténtica, polo que as veces recibe o nome de cadencia do amén. Deste xeito a cadencia plagal enténdese como unha especie de apéndice que reforza o eixo tonal principal e amplía a extensión da obra musical.

A cadencia plagal no Romanticismo

Durante o período romántico (o século XIX), as cadencias plagais vense sometidas a cambios que amplían os modelos harmónicos e melódicos dos séculos anteriores. Un novo acorde que xorde nas cadencias plagais do Romanticismo e o II grao con sétima.

Escoita como o compositor Johannes Brahms emprega o II grao con sétima do modo menor que resolve na tónica maior de Do.

 

J. Brahms. Quinteto con piano en Fa maior op. 34: Scherzo, cc. 250-254

O VII grao con sétima en segunda inversión

Outra posibilidades é empregar un acorde con función de dominante (¡Si, escoitastes ben!) nunha cadencia plagal, que ocorre cando se inverte a sétima diminuída de VII grao e se enlaza ca tónica.

Cifraremos esta inversión de VII grao con dúas cores, a vermella que indica función de dominante por enriba e unha franxa máis pequena de verde por debaixo, significando que o baixo fai unha subdominante de IV grao.
Como escoitarás no seguinte exemplo, é habitual que este VII especial veña precedido dun IV en estado fundamental, mantendo común o baixo en ambos acordes.

 

R. Schumann. Kreisleriana nº 5 op. 16, cc. 51-53

 Se comparamos estas novas incorporacións á linguaxe harmónica romántica con respecto ao Clasicismo, dámonos de conta que aos músicos románticos gústanlle os acordes máis disonantes. Compara as diferenzas de sonoridade nos distintos acordes que poden formar unha cadencia plagal.

O xiro melódico 6-8

En algunhas das cadencias plagais do Romanticismo o sexto grao en modo maior ascende por salto de terceira menor cara a tónica (6-8). Este xiro melódico é unha novidade con respecto as melodías plagais do período clásico, no que o habitual era escoitar os xiros de tipo 6-5, 4-3 ou 1-1. A música romántica producirá un bo número de cadencias 6-8 que non teñen precedente directo na música anterior.

 

Hector Berlioz. Sinfonía fantástica: 1º movemento, final

Enriquecemento da cadencia plagal

No contexto do final dunha peza, xusto despois dunha cadencia auténtica perfecta na tonalidade principal e que transmite unasensación moi conclusiva, é habitual que se empregue a dominante secundaria do IV grao, resolvendo nunha cadencia plagal.

No seguinte exemplo de Schumann, a sucesión D/IV-IV-I repítese dúas veces, a segunda delas empregando o IV grao invertido, e producindo deste xeito un pequeno pedal de tónica.

Chama a atención a beleza da longa apoiatura da 8ª no IV grao, e que produce por momentos unha sonoridade moi luminosa de 9ª maior.

 

R. Schumann. Amor de poeta: Lied nº4

Actividade

Exercicio 1. Escoita o seguinte exemplo de cadencia plagal. Trátase do famoso Hallelujah do oratorio Mesías de G.F. Händel.

 

Georg Friedich Händel: Der Messias HWV 56, Segunda parte: Coro Hallelujah, cc. 81-94

Canta a liña de baixo percibindo o intervalo característico da cadencia plagal.

(Lembra que estamos en Re Maior e que o acorde de subdominante é Sol maior).

 

E agora outra vez pero acompañado pola orquestra.

Actividade

Pregunta

Exercicio 2. Recoñece o xiro melódico da voz superior nas cadencias plagais dos seguintes fragmentos.

Cadencia a)

Respostas

1-1

6-8

1-2-3

Pregunta

Cadencia b)

Respostas

1-5

1-1

6-8

Pregunta

Cadencia c)

Respostas

1-1

1-2-3

6-8

Pregunta

Cadencia d)

Respostas

1-1

1-2-2

6-8

Pregunta

Cadencia e)

Respostas

1-1

1-2-3

6-8

Pregunta

Cadencia f)

Respostas

1-1

1-2-3

6-8

Habilitar JavaScript