Saltar navegación

Locrio (VII)

O locrio é, case con seguridade, o modo menos habitual.

Débese en especial á súa disonancia de 5ª diminuída, que produce un grande desequilibrio harmónico. O maior número de exemplos atopámolos na música do século XX. Tamén aparece na música de rock máis escura, en xéneros como o trash metal en particular.

Aquí a temos comezando na nota la para poder comparar a súa estrutura coa da escala de la eolio (escala menor natural):

Exemplos do seu uso

Escollemos dúas pezas onde predomina o modo locria e outras dúas onde aparecen só algúns trazos

Melodías locrias

Mikrokozmosz II, nº 63, Béla Bártok

A obra Mikrocozmosz de Bartok contén numerosas pezas modais e, entre elas, topamos no II libro a número 63 que está composta na súa totalidade no modo locrio de fa

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Tres danzas fantásticas, Shostakovich

Nesta primeira danza Shostakovich utiliza a escala locria de do coa estrutura harmónica I II V.

Como o acorde de dominante resulta un acorde menor sen sensible adapta este acorde para que conteña a sensible (si) o que obriga a utilizar como base do acorde o sol e non o sol♭.

Para a sonoridade do perfecto maior completa o acorde cunha 5ª aumentada. O acorde de dominante queda entón: sol - si - re♯

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Trazos locrios

Pour le piano. Preludio, Claude Debussy

Tamén a obra de Debussy caracterízase por o uso dos modos xunto a outras escalas non utilizadas con anterioridade na música occidental. Escalas como as do gamelán e a de tons, convertida nunha das sinais identificadoras do estilo Debussy.

Nesta pasaxe con carácter de cadenza, utiliza o contraste entre o “si” locrio e a de tons para darlle máis significado a esta última.

Symptom of the Universe, Black Sabbath

A banda británica, unha das creadoras do xénero heavy metal, tiña entre os seus temas favoritos para as súas cancións o ocultismo e o terror.

As ferramentas musicais que utiliza son, entre outras:

  • O escurecemento do son das guitarras cambiando a afinación un tono máis grave.
  • A utilización de escalas menores escuras, como a frixia ou a locria.

Symptom of the Universe considérase unha das primeiras cancións de thrash metal, debido ao seu tempo rápido e ao potente riff de guitarra.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Actividade

Exercicio 1. Entoa e logo escribe a túa propia melodía locria sobre este acompañamento.

Tonalidade: si locrio; Compás 4/4


Tonalidade: si locrio; Compás 4/4

Exercicio 2. Modifica a seguinte melodía para que soe locria. Entoa a primeira versión e a segunda para sentir a diferenza.

X: 1
T: Transforma esta melodía
M: 6/8
L: 1/8
C: Pablo Abreu
Q: 1/4 = 80
K: E
E2 F G2 B | A2 G A3 | G2 F E2 D | E6 :|
|:B2 c B2 G | A2 B A3 | G2 F E2 D | E5 :|

Exercicio 3. Repite entoando as seguintes melodías e identifica cal é ou cales son locrias.

Consello: Antes de nada canta as escalas locrias respectivas. Para que sexa máis doado tes indicada a tónica antes de cada fragmento

Tónica Si John Kirkpatrick; Dust to Dust
Tónica: La Bob Dylan; All Along the Watchtower
Tónica: Mi Joe Satriani; War
Tónica Do Björk; Army of Me

Exercicio 4. Proba facer un acompañamento para a melodía locria da 2 pregunta.