Saltar navegación

Dórico (II)

Chegamos ao primeiro e máis luminoso dos modos menores.

Comezando desde “la” veremos mellor as diferencias e semellanzas co modo menor:

Como xa explicamos a armadura do modo dórico ten unha alteración máis que a da escala menor. (Por exemplo, observa que la dórico ten un díese na armadura).

Esa alteración ascendente, que convirte a subdominante en tríade maior, apórtalle brillo ao modo sendo unha escala “máis maior” que a menor.


O precedente gregoriano

A escala dórica correspóndese aos 1ºe 2º modos gregorianos denominados Protus.

Volvemos insistir que, no canto gregoriano, o que define ao modo non é, neste caso,  o contraste coa escala menor pola nota característica (que aínda non era a segunda escala de referencia na música) senón o ámbito melódico, os xiros característicos de cada modo, as notas iniciais e as cordas de recitado.

Tanto é así que nun dos exemplos máis coñecidos deste modo, O Dies iræ, case non aparece a nota característica do dórico, e multitude de versións desta melodía a interpretan como modo menor.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Para o noso oído moderno (mente musical) ten unha tintura dual entre triste e alegre e un aire antigo, medieval pois aparece moito na música “celta”. Dependendo da construción da peza (melodía, ritmo, harmonía) pódese sentir máis ou menos optimista ou escuro.

Escoitemos a escala dórica sobre a nota pedal de tónica:

Tamén, como na lidia, se engadimos unha terceira aumenta a cor dórica:

Exemplos do seu uso

Do mesmo xeito que nos outros modos presentamos melodías completas dóricas e outras con unicamente trazos dóricos.

Melodías dóricas

What wil we dowith a drunken sailor, popular irlandesa.

A música celta e unha gran fonte de melodías dóricas. Esta aparece en “mi” dórico e a propia melodía vai suxerindo os acordes máis axeitados para o seu acompañamento, xa que debuxa algunhas tríades moi claras.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

O son do ar, Luar na lubre

Esta canción, composta por Bieito Romero en 1988, está escrita en “re” dórico e adquiriu grande notoriedade cando Mike Oldfield a incluíu no seu disco Voyager (1996).

Na harmonía utiliza ás veces o acorde de dominante coa sensible (c. 4) e outras o acorde de VII sen ela (c. 7 segundo pulso).

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Et incarnatus, Credo, Missa solemnis, L. V. Beethoven

Beethoven utiliza o modo dórico para subliñar este momento do Credo para expresar a idea do sobrenatural.

My home Sweet Home, Final Fantasy, Nobuo Uematsu

Este videoxogo é un xogo de rol que ten como tema unha fantasía medieval. O compositor utiliza o modo dórico de “si” para transmitir este clima antigo.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Trazos dóricos

Eleanor Rigby, Lenon -Mcarthney

A canción que está en “mi” menor comeza coa anacrusa harmónica do VI grao(acorde de “do” maior) que nos anuncia unha harmonía sinxela pero moi rica en matices.

Tras esa introdución, que será a música do retrouso, comeza a estrofa con esta cor dórica que vai oscilando entre o dórico e o eolio, modo menor natural.

Este xogo de agachadas co modo dórico vai a estar presentes durante toda a canción.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Achegamento á harmonía no modo dórico

O acorde que posiblemente caracteriza máis fortemente ao modo dórico sexa a subdominante maior que xorde coa nota característica 6↑. Tamén outro acorde importante en tódolos modos do grupo “menor” é o VII xa que expresa a ausencia de sensible.

Deste xeito a fórmula harmónica máis simple e tamén moi usada nas melodías dóricas é I -IV repetida unha e outra vez. Para ilustrar esa reiteración escoitamos fragmentos de Symptom of the universe de Black Sabbath, Oye como va de Tito Puente, So What de Miles Davis e o standard de jazz Satin Doll nunha versión de Joe Pass.

Symptom to the Universe, Black Sabbath

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Oye como va, Tito Puente

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

So What, Miles Davis

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Satin Doll, Joe Pass

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Actividades

Exercicio 1. Entoa e logo escribe a túa propia melodía dórica sobre estes dous diferentes acompañamentos.

Tonalidade: la dórico; Compás 4/4


Tonalidade: la dórico; Compás: 3/4

 


Exercicio 2. Modifica a seguinte melodía para que soe dórica. Entoa a primeira versión e a segunda para sentir a diferenza.

X: 1
T: Transforma esta melodía
M: 6/8
L: 1/8
C: Pablo Abreu
Q: 1/4 = 80
K: E
E2 F G2 B | A2 G A3 | G2 F E2 D | E6 :|
|:B2 c B2 G | A2 B A3 | G2 F E2 D | E5 :|

Exercicio 3. Repite entoando as seguintes melodías e identifica cal é ou cales son dóricas.

Consello: Antes de nada canta as escalas dóricas respectivas. Para que sexa máis doado tes indicada a tónica antes de cada fragmento

Tónica La Deep Purple; Child in Time
Tónica: Re Alfredo Casella; 11 Pezzi Infantili Op.35. 6-Siciliana
Tónica: Mi Brahms;  Sinfonía Nº 4 II. Andante Moderato
Tónica La Rimsky-Korsakov; Scheherazade

Exercicio 4. Proba facer dous acompañamentos diferentes para a melodía dórica da 2 pregunta.