Saltar navegación

Bloque 4. Os modos da escala maior e as emocións

Desde cada nota da escala maior podemos crear outras novas que se denominan os modos da escala maior.

Estes modos ou escalas utilízanse para escribir melodías. Por tanto cando escoitamos falar que unha obra esta en tal modo, refírense a que a súa melodía utiliza esa escala ou modo.

A pesar deste carácter estritamente melódico hai veces que escoitamos a expresión “harmonía dórica”, ou “harmonía lidia”, sobre todo no mundo do jazz ou pop. Débese a que, co uso, hai estruturas harmónicas que se fixeron habituais para as melodías e aínda que a melodía non sexa modal o acompañamento harmónico pode suxerilo.

Estes modos toman o nome de antigas escalas gregas pero a súa estrutura melódica proven das escalas gregorianas e os modos medievais derivados destes. Para entender mellor esta evolución histórica observade este pequeno esquema.

Debemos lembrar...

  • Os nomes tomáronse das antigas escalas que utilizaban os diferentes pobos na Grecia clásica pero, as escalas actuais non corresponden con aquelas xa que tiñan diferentes intervalos.
  • Os modos gregorianos si son similares aos modos da escala maior pero posúen características propias (notas finalis, corda de recitado,incipits, tesituras específicas).
  • O nacemento da harmonía tonal leva ao abandono dos modos xa que coa tonalidade só perduran os modos maior e menor.
  • A volta ao antigo da música romántica e o descubrimento doutras culturas trae de volta o uso dos modos dentro dos contextos tonais (con harmonías).
  • A música popular do século XX dálle gran protagonismo aos modos, sobre todo no jazz e tamén na música popular urbana.

Ordenando os modos

Habitualmente os modos preséntanse na orde das notas da escala.

Propoñemos unha ordenación máis relacionada co seu carácter e expresión sonora. Podemos ver que, dos setes modos, temos tres que comezan cunha terceira maior, por tanto a nosa sensación e que dalgún xeito son escalas maiores modificadas, e catro que comezan cunha terceira menor, neste caso soan a escalas menores. A nota ou notas que varían respecto ás escalas maior ou menor chámanse nota característica e témolas marcadas en laranxa.

Por tanto os maiores serían:

  • (IV) Lidio nota característica 4↑. Esta alteración ascendente fai que ás veces se diga que é un modo Maior-Maior

  • (I) Xónico que coincide exactamente coa escala Maior

  • (V) Mixolidio coa nota característica 7↓. Esta alteración descendente fai que tamén se denomine modo de dominante. Ás veces tamén se di que é un modo Maior-menor.

E as menores:

  • (II) Dórico, coa nota característica 6. Esta alteración ascendente fai que ás veces se diga que é un modo menor-Maior

  • (VI) Eólico, que coincide exactamente coa escala menor

  • (III) Frixio, coa nota característica 2. Esta alteración descendente fai que ás veces se diga que é un modo menor-menor

  • (VII) Locrio, coas notas características 2↓ e 5

Aínda que resulta un tanto subxectivo, adoitase a dicir que o modo maior ten un carácter alegre mentres que o menor o ten triste. Tamén fanse símiles non só co estado de ánimo senón tamén coa luminosidade de xeito que o maior é máis luminoso que o menor. Estas apreciacións en realidade veñen de antigo xa que gregos e medievais outorgaban un ethos (sentimento, carácter) particular a cada modo.

Pois ben, atendendo a este gradación de carácter de luminoso a escuro describimos os modos así:

 

Maiores

Lidio

A súa nota 4 dálle o carácter máis luminoso e optimista de tódolos modos.

Xónico

Coincide coa escala da tonalidade maior sempre asociada aos caracteres alegres e decididos.

Mixolidio

A súa nota 7 quítalle a sensible resultando un maior máis inocente, despreocupado sen función de dominante.

menores

Dórico

Ten un carácter dual entre triste e alegre gracias ao seu 6 facendo ideal para música nobre e medieval. Tamén aparece con frecuencia na música celta.

Eólico

Corresponde coa escala menor natural que non ten sensible e por tanto non ten harmonía de dominante.

Frixio

A súa 2 apórtalle unha sonoridade máis escura e con connotacións andaluzas e xitanas. No metal clásico utilízase cun significado funesto e malévolo.

Locrio

A súa construción cunha quinta diminuída produce grande inestabilidade. O seu carácter é sombrío e depresivo. Utilízase pouco, con exemplos na música heavy metal

A nota característica é de grande importancia xa que mentres non apareza na melodía a nosa mente musical pensará que estamos nunha escala maior ou menor habitual.

Por iso as notas características son as que teñen a forza e responsabilidade de darlle a cor ou o “sabor” modal ás melodías. Incluso poderiamos dicir que algunhas melodías soan máis “dóricas”, “frixias”, ou “lidias” que outras en base á presenza da súa nota característica.

Comproba o aprendido

Pregunta

Exercicio 1. ¿Cal é o modo máis escuro?

Respostas

Dórico

Eolio

Frixio

Lidio

Locrio

Mixolidio

Xónico

Pregunta

¿E o máis brillante?

Respostas

Dórico

Eolio

Frixio

Lidio

Locrio

Mixolidio

Xónico

Pregunta

¿Que modo se corresponde coa tonalidade maior?

Respostas

Dórico

Eolio

Frixio

Lidio

Locrio

Mixolidio

Xónico

Pregunta

¿Como é a música gregoria?

Respostas

Tonal

Atonal

Utiliza os mesmos modos da escala maior

Utiliza modos similares aos da escala maior

Habilitar JavaScript

Como percibimos os modos

A nosa mente musical occidental agarda que, cando escoitamos unha melodía descoñecida, corresponda aos modos maior ou menor (unha sinxela cuestión de estatística).

Só no momento de topar unha nota diferente nos decatamos de que se trata dun ou outro modo.

Por exemplo, se non coñecemos esta melodía presupoñemos ao escoitar a 3ª (cor menor), que se trata do modo menor. Pero cando máis adiante escoitamos a 6 nos decatamos de que en realidade é unha melodía dórica.

Se volvemos escoitar a melodía, que agora xa coñecemos e lembramos, esta vez esperamos que sexa dórica. Se o compositor modifica o 6 a sorpresa será que en realidade é menor.

Paradoxos da nosa mente musical.

 

Transportar os modos

Como os modos parten da escala maior e a escala maior podémola transportar a calquera nota das doce do noso sistema, atoparemos modos desde todas as notas. Haberá modos partindo da escala de Re Maior, Mi♭ Maior, Fa♯ Maior, etc. etc.

¿Como saberemos crear un modo desde unha nota calquera?

Modos “maiores”. Como diciamos o Lidio e o Mixolidio son escalas maiores modificadas no 4↑ e no 7 grao respectivamente. Pois buscamos a armadura da escala maior correspondente e aplicamos a modificación neses graos.

Exemplo: ¿Cales son as armaduras de Si Lidio e Si Mixolidio?

Truco

A armadura do modo Lidio sempre ten unha alteración máis (poñer ♯ ou quitar ♭).

A do Mixolidio sempre ten unha alteración menos (quitar ♯ ou poñer ♭).

 

Modos “menores”. Dórico, Frixio e Locrio son os modos menores modificados nos graos 6↑, 2↓ e o locrio en 2↓ e 5↓. Igual que fixemos nos anteriores buscamos a armadura da escala menor de orixe e a modificamos.

Exemplo: ¿Cal é a armadura de fa Dórico, Frixio e Locrio respectivamente?

Truco

A armadura do modo dórico sempre ten unha alteración máis (poñer ♯ ou quitar ♭).

A do Frixio sempre ten unha alteración menos (quitar ♯ ou poñer ♭).

A do Locrio sempre ten dúas alteracións menos (quitar ♯ ou poñer ♭).

Xa por último, podemos dicir que a cor modal a proporciona o grado da escala (ou melodía) que se modifica respecto aos modos maior o menor.

Cor lidia 4↑, cor mixolidia 7↓

Cor dórica 6↑, cor eolia 7↓, cor frixia 2↓, cor locria 5↓.

Debemos lembrar...

  • Para indicar as notas da melodía utilizamos números con acento circunflexo:

 1  2  3  4  5  6  7  (8)

  • A nota característica, tamén chamada cor modal, debuxarémola en cor laranxa. Por exemplo no dórico:

6

  • Para indicar as funcións harmónicas utilizamos as cores azul para a tónica, verde para a subdominante e vermello para a dominante.

I

IV

V

  • Cando os acordes perdan a súa función (por causa da harmonía modal) estarán en gris:

V

Actividade 5

Exercicio 2. Ler e completar

A armadura de "la" mixolidio ten 

Habilitar JavaScript

Harmonía modal vs harmonía tonal

A harmonía modal é aquela que foxe conscientemente das funcións harmónicas do sistema tonal, en particular da relación D-T (V-I) e busca a cor tímbrica deles. Isto vese en particular na música occidental a partir do impresionismo e na música de jazz.

Ademais as diferentes escalas modais xeran acordes (tríades e cuatríades) diferentes do sistema tonal Maior e menor. Isto fai que a funcionalidade harmónica (tónica, dominante, subdominante, etc) mude radicalmente, en especial nos modos que non teñen sensible e as estruturas harmónicas adquiren un carácter harmónico diferente e propio de cada modo.

Por exemplo, todos os modos, excepto o maior (xónico) e o lidio, carecen de sensible polo que a función de dominante esvaécese. Esta función indispensable no discurso harmónico tonal tradicional fai que a harmonía perda moita parte da “funcionalidade” e teña máis importancia as sonoridades acordais.

O lidio, pola súa banda, ten un acorde de cuarto grao diminuído e o de segundo grao maior, polo que a función de subdominante queda distorsionada respecto do modo maior, e o acorde de cor lidia será o do II grao.

Escoitemos como a unha melodía claramente tonal podemos engadirlle unha harmonía modal que mude a súa personalidade radicalmente:

 
Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Actividade

Exercicio 3. Utilizando un editor de partituras (Musescore, por exemplo) transforma a seguinte melodía dórica a tódolos modos da escala maior e escoita as diferencias de carácter(ou cor) que adquire.

Se tes algún editor diferente de Musescore (Finale, Sibelius, Notion) utiliza este arquivo universal en formato MusicXML

No canto de non ter medio dixital podes utilizar o pdf e escribir os teus exemplos en papel e escoitalos con algún instrumento.

Musescore é un editor de partituras de software libre que se pode descargar gratuitamente.

MusicXML é un formato multiplataforma que poden abrir moitos editores de partituras (Finale, Sibelius Notion, Harmony Assitant, Musescore.