Saltar navegación

1.1 O acorde de primeira inversión (6ª)

Introdución

Un acorde tríade calquera dise que está en primeira inversión cando a súa 3ª soa como nota máis grave do conxunto, é dicir, cantada pola voz do baixo. Cífrase tradicionalmente co número 6.

Ao inverter un acorde, ademais de cambiar a orde dos seus sons producimos un cambio de sonoridade, que se volve máis lixeira e menos estable harmonicamente que o seu estado fundamental.

A nota que forma este intervalo co baixo cando o acorde atópase en estado fundamental

Actividade

Actividade 1. Canta cada unha das voces do seguinte fragmento para apreciar as diferencias entre os dous estados do acorde: o estado fundamental e a primeira inversión.

Cifrado

Tal e como dixemos, o cifrado tradicional dun acorde en primeira inversión é o número 6 acompañando o seu grao romano. Engadiremos un punto debaixo de cada cor para indicar que acorde está na primeira inversión, e sen puntos se está en estado fundamental. Velaquí un exemplo deste cifrado.

Un pouco de historia

O cifrado barroco, baixo cifrado; ferramenta para o estudo da harmonía

Era costume dos compositores barrocos escribir a liña melódica do baixo —a ser tocada por instrumentos como o cello, contrabaixo e a man esquerda de instrumentos de teclado— cunhas cifras engadidas que indicaban os acordes que debería utilizar.

O instrumento do continuo (clavecinista, laudista, arpista ou organista) tiña que improvisalos seguindo estas indicacións "cifradas".

A sección composta polos instrumentos que tocan este baixo e os que o realizan harmonicamente recibe o nome de baixo continuo.

No conservatorio traballase a interpretación do baixo continuo na materia de Repentización, transporte e acompañamento, que cursa o alumnado das especialidade de piano e guitarra. E para o alumnado de clavecín é unha materia indispensable.

O uso do baixo cifrado foi abandonado tralo Barroco, preferindo o compositor escribir con exactitude o que debería ser tocado, emporiso o cifrado barroco séguese a usar no estudo da harmonía ata os nosos días.

Deberías lembrar

  • Técnica de escritura musical abreviada desenvolvida no Barroco (s. XVI ata comezos do XVIII)
  • Os instrumentos do contínuo improvisaban os acordes do acompañamento seguindo estas indicacións.
  • O estudo da harmonía tomou este sistema e o utilizou para desenvolver os seus exercicios e tamén na análise harmónica.

Actividades

Actividade 2. Escoita de novo o coral, desta volta con cores e cifrado.

Actividade 3a. Escoita as seguintes tríades (maiores, menores ou diminuídas) e determina a orden de estados nas que aparece cada unha . Hai dúas opcións: estado fundamental seguido da primeira inversión, ou primeira inversión seguido de estado fundamental. Cada acorde se presenta, primeiro en bloque, e despois despregado en descenso.

Solucións

Actividade 3b. Escoita as seguintes tríades, maiores, menores ou diminuídos, e determina se están en estado fundamental ou en primeira inversión. Cada acorde se presenta, primeiro en bloque, e despois despregado en descenso.

Solucións

Actividade 3c. Escoita as seguintes tríades, maiores, menores ou diminuídos, e determina se están en estado fundamental ou en primeira inversión. Cada acorde se presenta unha vez soamente, en bloque.

Solucións

a) F - 1ª b) 1ª - F c) 1ª - F d) F - 1ª f) 1ª - F g) F - 1ª

a) F b) 1ª c) 1ª d) F f) 1ª g) F

a) F b) 1ª c) 1ª d) F f) F g) F

A función ornamental da primeira inversión

Un dos usos máis frecuentes da primeira inversión é a de actuar coma un acorde de enlace entre dous acordes que están en estado fundamental e a distancia de 3ª, como por exemplo ocorre co I e VI grao. Neste caso, ciframos a primeira inversión cunha frecha enmarcada nun cadro sen cor e acompañado dun punto. A razón de omitir o número romano reside en que esta harmonía ten carácter ornamental e, polo tanto, non é obrigatorio que sega a tendencia de enlace tonal en canto á sucesión de graos. A esta primeira inversión de ligazón se lle chama tamén acorde de paso.

Este uso de ligazón do acorde de primeira inversión emprégase decotío na harmonización de escalas descendentes da liña de baixo.

Outro dos usos ornamentais da primeira inversión consiste en unir o estado fundamental dun acorde coa súa primeira inversión, ou ao revés.

É habitual que este tipo de acordes de primeira inversión con función ornamental ocupen as fraccións febles do compás, reservando o compositor as partes fortes para os acordes funcionais. Como norma xeral, cifraremos estes acordes ornamentais mediante un cadro con recheo branco e a o símbolo da súa inversión. O marco deste cadro poderá ter cor, cando queiramos indicar a natureza harmónica do acorde ornamental.

L. V. Beethoven. Trio con piano en Sol maior op. 1 nº 2: II, cc. 1-2

A primeira inversión nas cadencias

Canta o seguinte coral. Nel atópanse os catro tipos de cadencias tonais explicadas: a auténtica, a rota, unha semicadencia e a plagal.

Dicimos que estas cadencias son perfectas porque os acordes que as forman están todos en estado fundamental. Cando incorporamos inversións a algún dos seus acordes convertémolas en imperfectas. Debido a inestabilidade que produce a presenza de acordes invertidos nas cadencias, a sensación de repouso é menos conclusiva, e dicir, o ouvinte sinte unha maior “necesidade” de escoitar os acordes que seguen ás cadencias imperfectas.

Canta agora a versión do coral con inversións nas súas cadencias.

Outro factor distintivo entre cadencias perfectas e imperfectas son os movementos melódicos do baixo. Excepto na cadencia rota, que case sempre fai un ascenso de 2ª, no resto das cadencias predominan saltos de 4ª e 5ª xusta nas perfectas, e melodías de 3ª ou 2ª nas imperfectas.

Actividade

Actividade 4. Escoita os seguintes fragmentos, e determina se os acordes numerados están en estado fundamental ou en primeira inversión.

Solucións

A) Franz Schubert. Vals D 378 nº 5, cc. 1-8 partitura A

B) W. A. Mozart. Sinfonia K. 43 nº 6 en Fa maior: 3º movemento (Trio), cc. 1-8 partitura B

C) G. F. Handel. Suite para clave en re minor, HWV 428: 6º movemento, cc. 1-4

https://www.youtube.com/watch?v=S-Jk0tMA-LI partitura C

A) Estado fundamental: 2, 3 e 4. Primeira inversión: 1 B) Estado fundamental: 3, 4 e 5. Primeira inversión: 1 e 2 C) Estado fundamental: 1, 5 e 6. Primeira inversión: 2, 3 e 4.